Combina Social S.L. é un Centro Especial de Emprego creado por COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) para demostrar as CAPACIDADES dos e das profesionais con discapacidade. A nosa actividade principal é a organización e xestión de servizos auxiliares para empresas socialmente responsables.

Poñemos as nosas CAPACIDADES ao servizo da túa empresa

Aportamos solucións rápidas ás necesidades de externalización dun entorno empresarial en constante cambio e renovación. Contamos cunha ampla estrutura e unha completa gama de servizos que permiten externalizar con éxito aquelas actividades que non están directamente relacionadas coa esencia da túa actividade empresarial. Deste xeito podes centrarte nas túas capacidades estratéxicas e na busca de novas oportunidades de negocio.

COMBINA ten como obxecto social a inserción laboral de persoas con discapacidade a través da organización, realización e xestión dos diferentes servizos nos que somos especialistas. Actualmente o 92% do noso cadro de persoal está formado por persoas con discapacidade.

Qué aportamos?

Con COMBINA podes conseguir importantes aforros de tempo, esforzo, man de obra, custos de operación, custos de formación e capacitación, ao tempo que acadas a tranquilidade de poder dedicarte por completo ás cuestións que son cruciais para o teu negocio.

Ademais, axudámosche a cumprir coa Lei de Integración das persoas con discapacidade (LISMI) a través das medidas alternativas se a túa empresa ten máis de 50 persoas traballadoras.

Que aportas á sociedade contando con COMBINA?

Pasarás a formar parte do cada vez maior número de empresas socialmente responsables, aportando á túa organización unha vantaxe competitiva ante unha clientela cada vez máis comprometida.

Contribuirás á integración social e laboral de persoas con discapacidade e estarás colaborando con COGAMI en dar continuidade ás actividades que vimos desevolvendo para conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.